4 dic 2012

Mouros e Cristiáns


Mouros e Cristians

Neste xogo fanse dous equipos. Cada um deles co mesmo número de xogadores. Se houbese distinto número, a aquel equipo que menos tem, corresponderialle una vida mais.

  • Colocanse os equipos, un enfrente do outro e paralelamente, a unha distancia mínima de dez metros
  • O equipo que comeza a xogada é o equipo atacante. Entre eles deciden o primeiro xogador que inicia a partida. Este diríxese ao lugar onde está ordenado o equipo contrario, o equipo receptor, que está posicionado nunha fila paralela ao equipo atacante.
  • Os xogadores do equipo receptor deben posicionarse com a palma da mao exposta para poderen ser escollidos con unha palmada.
  • O xogador que se achega do equipo atacante debe escoller a un xogador do equipo receptor dandolle na palma da mao. Cando lle dá, debe escapar perseguido polo xogador escollido.
  • Na corrida se o primeiro é apañado polo segundo fica descualificado, mais se non é collido volve ao seu lugar dentro do seu equipo.
  • O perseguidor colla ou non colla ao que escapa debe, na seguinte xogada exercer o seu turno para facer o mesmo no equipo contrario: escoller un xogador do outro equipo dandolle na palma da mao para que o persiga e repetir a mesma acción que a que o levou ali.
  • Durante o momento da escolla, o equipo receptor-perseguidor debe permanecer detrás dunha raia marcada no chao que será a que indique o lugar no que se deben posicionar.
  • Se alguén estivese fora dela pode ser tocado polo xogador do equipo atacante ficando o primeiro eliminado. Neste caso o xogador atacante non iria para o seu lugar dentro da fila do seu equipo, continuaria a escolla de xogador receptor que o persiga.
  • Perde o equipo que primeiramente fica sen xogadores e gaña o equipo que ainda os conserva no momento en que o outro fica sen eles.











No hay comentarios:

Publicar un comentario