28 nov 2012

XOGANDO AO PANO



Na clase de Educación Física estivemos xogando ao pano. Aqui vos deixamos unha mostra de como se xoga.






Xogo do Pano

O Xogo do Pano é um xogo para ser xogado por dous equipos e um chamado “director”.
  • Cada equipo colocaráse a mesma distancia do director, en orden e paralelos entre si.
  • Cada equipo deberá ter os seus xogadores numerados de tal forma que o número só será sabido polos integrantes do próprio equipo, non polo equipo contrario nen polo director.
  • O director estará no medio de ambos à mesma distancia dun equipo que de outro sostendo un pano na mao por un dos seus extremos de tal forma que poda ser collido facilmente por calquera xogador.
  • En cada xogada os xogadores de cada equipo teñen o direito de poder intercambiar os seus números para poder non ser identificados polo director e/ou polo equipo contrario, podendo mesmo rotar e modificar a sua posición dentro da formación.
  • O director dirá en alto un número ou números que se corresponderán con un xogador de cada un dos equipos. Estes achegaran-se até onde está o director co pano para se faceren con el. O primeiro que apañe o pano deberá escapar para o lugar onde está situado o seu equipo encanto o outro xogador debe perseguilo.
  • Se o xogador que ten o pano non é collido e traspasa a liña onde están os seus compañeiros sumará un punto para o seu equipo. Se o xogador perseguidor toca coa sua mao ao xogador que escapa co pano sumará un punto para o seu equipo.
  • A partida xógase a un número determinado de puntos (dez, ou quince, ou vinte....). Quen sume antes o número de puntos marcado será o equipo gañador.