27 jun 2013

Lip Dub (Xogo Popular)








CANCIÓN: TODOS A XOGAR

(letra) Maria del Carmen López Domínguez ©
(Gangnam Style)
Todos a xogar, si a xogar.
No cole de Lobios, terra do Xurés,
temos moitos xogos que non queremos perder.
Os nosos xoguiños son cousas de velliños,
e ainda así son ben moderniños.
Imos a xogar,
esa mazá dun fio colga tela que cazar,
esa castana coa culler tela que levar,
as avelás como buxainas telas que xirar,
si telas que xirar.
Divertirse, morrer de risa,
únete a nos, si, únete a nos.
Diverrtirse, morrer de risa,
únete a nos, si, únete a nos.
si te queres divertir conta cun xogo populaaar...
Todos a xogar, po, popular, todos a xogar.
Ehhh! si te atreves, xoga a un xogo popular.
Ehhh! si te atreves, xoga a un xogo popular.
Ía pa casa, topeime cunha cana,
fixen un asubío e toquei ca palangana.
Saimos o patio, xogamos os pelouros,
tamén o choque chouqueiro.
Imos a xogar, o turra-soga que me gusta e o canibé,
unha, duas, tres pedriña, tres en raia , e o brilé ,
cada vez que hai festa no colexio imos a xogar,
si a xogar.
Divertirse, morrer de risa,
únete a nos,si, únete a nos.
Diverrtirse,morrer de risa,
únete a nos,si, únete a nos.
si te queres divertir conta cun xogo populaaar...
Todos a xogar, po, popular, todos a xogar.
Ehhh! si te atreves, xoga a un xogo popular.
Ehhh! si te atreves, xoga a un xogo popular.
O truco si, gustame mogollón,
nenos, nenas, máis me gusta o “to lobo to”.
O truco si, gustame mogollón,
nenos, nenas, máis me gusta o “to lobo to”.


24 jun 2013

Exposición sobre os peons no mundo


No Centro Cultural Marcos Valcárcel presentouse tal dia como hoxe a exposición "Vivimos nun gran trompo" que organizou a Fundación Laya-Patrimonio Lúdico. O material exposto pertence a Fernando Maestro Guerrero, quen ten unha importante colección de peóns de distintas partes do mundo. Foron catalogadas en varias modalidades pola sua forma de lanzamento (corda, látego,...etc..)




O peón no mundo













22 jun 2013

Xogos Musicais Brinquedia!







 Exemplo dos xogos musicais:










Fonte: http://brinquedia.net/web/


Encontro Brinquedia




XOGOS DO ENCONTRO BRINQUEDIA



(clicar no nome, que te encamiña para un link con mais actividades)
Selección de recursos de fontes de xogos, entidades e artesáns que traballan en torno ao xogo tradicional.

20 jun 2013

Final do curso





E foi así como despedimos o curso: xogando a todos os xogos que aprendimos e nos que participamos durante o curso. Queremos continuar o ano que ven porque os xogos que xogaron os nosos pais, avós e antepasados en xeral non se deben perder.
Gracias a todos!!

28 may 2013

III encontros de normalización linguística. Xogos populares da Baixa Limia e Terra de CelaNova

O pasado dia 27 de maio celebramos os III encontros de normalización linguística da Baixa Limia e Terra de Celanova. Este ano foi o noso colexio o que tivo a honra de organizar este evento recebendo aos centros da comarca: Colexio de Entrimo, Instituto de Bande "Aquis Querquernis", Colexio de Moiños "Valle Inclán", o coléxio de Cartelle e tamén o noso. O ambiente foi xenial podendo partillar con outros nenos de primaria e secundaria un dia completo no que celebramos un festival con obras de teatro e....xa o imaxinades! Xogos Populares recuperados para o evento.
Deixamos algunhas fotos dos xogos cos que nos divertimos e tamén aprendimos: o poldro, o tres en raia, o truco, a corda e ainda uns cantos mais.
Eis as fotos que nos cederan amabelmente os nosos amigos do Instituto "Aquis Querquernis" de Bande.















20 mar 2013

Envio pdf Xogos Chilenos

Os nosos amigos chilenos do Colexio Presidente Eduardo Frei enviannos o seguinte texto en pdf que leva por título "Juegos del folklore chileno para pre-escolares" co fin de que podamos partillar con eles o seu rico leque cultural e lúdico.
Ainda que estes xogos son teoricamente propios de idades pre-escolares, na realidade este tipo de xogos son recurridos por todos os nenos durante toda a etapa de primária. Aguardaremos poder corresponder na mesma medida con xogos galegos. Algo disso já vai implícito neste blogue...mas se conseguirmos calquer texto sobre o tema, faremos por enviar.
                    

18 mar 2013

Xogos de Chile: "Carrera de ensacados"

Corrida de Sacos (Carrera de ensacados)





A corrida de sacos ou "carrera de ensacados" é un xogo moi popular. Para realizar este tipo de corrida, os nenos introducense dentro dos sacos e agarran coas maos o seu borde. Hai que dicer que é un xogo individual que depende do propio xogador.
O xogo consiste en deslocarse, por medio de saltos, por unha distancia acordada previamente polos xogadores. A persoa que chegar antes á meta é a que gaña.
Na corrida de sacos (ou "carrera de ensacados"), pode participar calquer persoa independentemente da sua idade, estatura, xenero ou condición.

Regras

Para levar a cabo este tipo de corrida necesitamos unhas regras que han de ser acordadas polos xogadores participantes na proba antes efectuada.
As regras que habitualmente se usan, son:
  1. Cada xogador se vai ubicar nunha liña de saida sen posicionarse acima dela.
  2. As liñas de saída e de meta han de ser sinalizadas adecuadamente
  3. Os pés han de estar dentro do saco.
  4.  Coller a parte superior do saco coas maos.
  5. O xogador que perda o equilibrio e caia, poderá erguerse novamente para continuar o xogo.


14 mar 2013

Xogos de Chile: La Rayuela

La Rayuela






A "rayuela" era un xogo de adultos, tradicional en Chile. Consiste en lanzar tellas circulares e metálicas de cara a unha raia trazada con xiz no chao ou uma marca disposta ao largo do extremo dun campo de xogo.

Cada xogador ten duas tellas e o obxectivo consiste en que consigan cair sobre a raia ou a marca. Así é que se xera o chamado "punto queimado". Cando completado  o número de pontos acordado previamente entre os xogadores, o xogo acaba.

A "rayuela" naceu nos cuarteis militares. Os soldados idearon este xogo a partir dos antigos xogos dos españóis que colonizaran Chile. Debuxaban campos de xogo nos prédios dos cuarteis e pasabam o tempo durante horas e horas. Foi moi coñecido sobre todo no cuartel "Dragones de la Reina" ao fundo do Palacio de Goberno. No entanto, deseguida este xogo saiu dos cuarteis, sendo adoptado polo pobo e en especial por crioulos e mestizos que se ocuparon de mantelo durante a época da Colónia.

Tanto prendeu nos costumes populares, que chegou até os nosos dias, sobretodo en campos e aldeas mas tamén nos pobos e nas grandes cidades onde se criaron os "Clubes de Rayuela".

13 mar 2013

Xogos de Chile: O "emboque"

Xogando ao "Emboque"






O "emboque" é un brinquedo de madeira con forma de esfera ou sino con un buraco de catro a cinco centímetros de profundidade. Do seu corpo sai un cordón fino en cuxo extremo ten amarrado un madeiro ou pauciño que terá de meter no buraco do "emboque". 

O xogo consiste en apañar o madeiro de forma vertical coa mao, de forma que o "emboque" fique pendurando. Co movimento do brazo, o "emboque" comeza a abalar dun lado ao outro

O "emboque" ten de ser lanzado ao ar mas a idea é que o madeiro consiga penetrar no buraco. Isto é o "emboque". Xogase de maneira individual ou con mais persoas. Gaña quen fai mais número de "emboques" sen intrerrupción.

Hai diferentes tipos de "embocadas" que se recoñecen con diferentes nomes: a simples, a dupla, a vertical, "la mariquita", "la puñalada", "purtiña" ou "dominio del revés".