20 feb 2013

Visita do Centro Xaquin Lourenzo da Deputación de Ourense ao Colexio do Xurés de Lóvios:


Durante o mes de Xaneiro tivemos a visita do noso vello amigo Lito do Centro de recuperación de xogos populares Xaquin Lourenzo. A sua visita foi todo un acontecimento no colexio e partillou connosco toda unha xornada de mañá na cal os nenos desfrutaron e aprenderon muitas cousas novas.
Os primeiros en entrar na nosa aula de psicomotricidade onde vamos cos pequenos e onde levamos a cabo esta nosa xornada da que estou a falar foron os alumnos do primeiro ciclo. Lito ensinounos unhas cancións tradicionais que aprendimos a bailar...e falo en primeira persoa de plural porque os profesores tamén aprendimos e tamén nos divertimos con el. Os títulos das mesmas foron: "O lambón", "Vou de roda en roda" e "Don Melitón". O proceso de aprendizado das mesmas foi especialmente divertido, cousa que salientou o noso amigo Lito coas suas dotes pedagóxicas, lúdicas e humorísticas.
Posteriormente os nenos do segundo ciclo aprenderon a fazer o que chamamos "Enredos", brinquedos que elaboramos a partir de elementos naturais como avelás (un peón con una avelá e un pauciño), osos de alguns animais (as tabas), etc.... A sesión foi do mais divertido.
Ao final o bon sabor de boca deixado por unha sesión de xogos populares e tradicionais fixo con que os nosos alumnos ficasen con fame de aprender mais cousas como estas, acrescentadas unha vez que lles contamos que era con isto con que xogaban os nosos pais, avós e antepasados en xeral, cando non habia nem televisión, nen internet, nen videoconsolas, nen wees, nen cousas parecidas.
A tradición é importante, enriquecedora e necesária para as identidades dos povos.