4 dic 2012

Xogo das Apalpadas











Xogo das Apalpadas

O xogo que aqui presentamos é o chamado “As Apalpadas”. Este consiste no seguinte:

  • Xogase en grupos de dous, conformandose un equipo cada par de xogadores.
  • Podem participar um mínimo de dous equipos en cada partida e un máximo a considerar polo próprio profesor, guia, árbitro ou persoa que sexa a encargada de dirixir a xogo.
  • De entre os xogadores de cada equipo, um deles debe tapar os ollos con unha fita de tea (ou calquera outro material ou prenda que lle tape os ollos e impida a visión) encanto o outro se dispón a dirixir ou guiar ao compañeiro dos ollos fechados por medio da palabra. Non poderá facelo nunca por medio do contacto físico.
  • O lugar de xogo debe ser um espazo libre de obstáculos perigosos para evitar acidentes ainda que seria aconsellábel que houbese os necesarios (sempre e cando estes non supoñan un perigo), co fin de poder ser evitados por medio da guia do compañeiro que dirixe.
  • No campo de xogo o árbitro deberá ciscar aleatoriamente un número determinado (en número impar para evitar empates) de pelotas tamaño tenis que non poderán ser visualizadas polo xogador dos ollos tapados.
  • Igualmente dentro do recinto cada equipo terá um cesto, papeleira, caixa de cartón ou queipo de vime ou vimbios onde depositar posteriormente cada unha das pelotas conseguidas.
  • O obxectivo do xogo é que o xogador que dirixe, guie ao xogador dos ollos tapados para apañar o maior número de pelotas e depositalas no cesto. Aquel equipo que consiga apañar e depositar o maior número de pelotas será o que gañe.

Mouros e Cristiáns


Mouros e Cristians

Neste xogo fanse dous equipos. Cada um deles co mesmo número de xogadores. Se houbese distinto número, a aquel equipo que menos tem, corresponderialle una vida mais.

  • Colocanse os equipos, un enfrente do outro e paralelamente, a unha distancia mínima de dez metros
  • O equipo que comeza a xogada é o equipo atacante. Entre eles deciden o primeiro xogador que inicia a partida. Este diríxese ao lugar onde está ordenado o equipo contrario, o equipo receptor, que está posicionado nunha fila paralela ao equipo atacante.
  • Os xogadores do equipo receptor deben posicionarse com a palma da mao exposta para poderen ser escollidos con unha palmada.
  • O xogador que se achega do equipo atacante debe escoller a un xogador do equipo receptor dandolle na palma da mao. Cando lle dá, debe escapar perseguido polo xogador escollido.
  • Na corrida se o primeiro é apañado polo segundo fica descualificado, mais se non é collido volve ao seu lugar dentro do seu equipo.
  • O perseguidor colla ou non colla ao que escapa debe, na seguinte xogada exercer o seu turno para facer o mesmo no equipo contrario: escoller un xogador do outro equipo dandolle na palma da mao para que o persiga e repetir a mesma acción que a que o levou ali.
  • Durante o momento da escolla, o equipo receptor-perseguidor debe permanecer detrás dunha raia marcada no chao que será a que indique o lugar no que se deben posicionar.
  • Se alguén estivese fora dela pode ser tocado polo xogador do equipo atacante ficando o primeiro eliminado. Neste caso o xogador atacante non iria para o seu lugar dentro da fila do seu equipo, continuaria a escolla de xogador receptor que o persiga.
  • Perde o equipo que primeiramente fica sen xogadores e gaña o equipo que ainda os conserva no momento en que o outro fica sen eles.











Xogo dos Catro Cantos






O número de xogadores será de catro, un por cada canto do lugar, cuarto ou cancha onde se xogue, ou ben será o aleatório en función do número de alumnos que reclame a turma. Se é o caso último, cada lugar determinado será sinalado e visualizado por um aro o cal deberá ser ocupado por un alumno.
No medio da cancha estará outro alumno que será o que apande.
O xogo consiste en cambiar constantemente de lugar por parte dos xogadores que ocupan os aros (ou os catro cantos do cuarto ou cancha) de forma que o xogador que apande non ocupe algun vacio. Este xogador deberá estar atento aos constantes cambios dos compañeiros para entrar nun aro vacio.
Aquele xogador que estando dentro dun aro e tentando ocupar outro deixado vacio por un compañeiro fique no medio sen poder ocupar ningún por estaren ocupados será o que apande.