29 nov 2012

O truque ou O truco


  1. O campo de xogo estará disposto en dez espazos rectangulares coa forma que se ve no video
  2. O xogo comeza cando a primeira xogadora proceda a lanzar unha tella o mais plana posíbel para que esta caia na caseta número 1.
  3. A tella non poderá cair na raia ou fora da caseta debida.
  4. A xogadora deberá saltar á pata coxa todas as casetas sen tocar a raia nem sairse do campo de xogo. 
  5. As casetas duplas poderán ser saltadas pousando os dous pés á vez. Un cada caseta.
  6. A caseta onde está a tella non deberá ser pisada para nada. 
  7. Unha vez chegada á caseta número 10 a xogadora poderá descansar pousando os dous pés á vez e tomando o seu tempo para continuar o percurso de volta.
  8. Na caseta número 10 a xogadora deberá dar a volta e proceder á inversa e da mesma forma até chegar á caseta onde estexa a tella que deberá apañar, agachandose mas sen deixar de estar á pata coxa. 
  9. Se o traxecto foi feito con total corrección, a xogadora lanzará a tella ao seguinte rectángulo procedendo da mesma forma e evitando pisar a caseta onde está a tella. 
  10. Cada vez que a xogadora leve a cabo perfeitamente o percurso no seguinte lanzamento deberá ir mais unha caseta até chegar ao número 10. 
  11. Cada vez que unha xogadora erre no seu lanzamento, quer porque no seu salto pise unha linha, quer porque a tella vaia fora do campo de xogo ou fora da caseta que non corresponda, quer por pousar os dous pés onde deberia pousar só un... deberá sair do turno para deixar a vez á xogadora seguinte 
  12. As xogadoras seguintes comezarán quer desde o princípio se comezan a sua vez, quer desde onde o deixaron a última vez que lhe tocou e ficaron eliminadas por ter cometido algun erro.
  13. Quen chegar primeira coa tella ao número 10, completando o percurso será a gañadora.
  14. Cada turno, contará con unha só tentativa de lanzamento da tella.