13 dic 2012

Xogo dos Gatos e Ratos


  • Os alumnos dispoñense en círculo e numerados
  • O árbito, que neste caso é o profesor, colocase nun lugar que poda visualizar o conxunto.
  • Unha vez preparados, o árbitro nomea dous números que se corresponderán con dous alumnos. O primeiro en ser nomeado botará a correr e escapará do segundo, correndo ambos ao redor do círculo que conforman o conxunto dos alumnos sen se sair dele nen entrar no interior.
  • Se o perseguidor apaña o perseguido, este último ficará eliminado, diminuindo o número de xogadores. Inmediatamente, o árbitro nomea outros dous alumnos polo número correspondente para proceder á seguinte perseguición.
  • Durante a corrida cada un dos xogadores conta con a posibilidade de ser substituido na fuxida ou na perseguición. O que queira ser substituido simplesmente terá que tocar a un dos xogadores do círculo que están parados para que bote a correr á sua vez. O corredor que quer ser subtituido ocupará a praza do substituto unha vez o toque encuanto este último bota a correr perseguindo ou sendo perseguido segundo quen sexa o substituido.
  • Os corredores poderán dirixirse nunha dirección ou noutra do círculo no que están dispostos o conxunto dos xogadores, segundo sexa a sua vontade, tentando fuxir (do) ou tentando apañar (ao) contrário.
  • Segundo se vaia reducindo o número de xogadores, menor vai sendo o círculo e menor o espazo que deben percorrer os corredores.
  • Ao final ficarán dous xogadores que serán os que disputen a vitória final, quer ao redor dun aro que fará ás veces de círculo, quer de outra forma a decidir polo árbitro.