11 nov 2012

Xogos Populares no Magosto (9 de Novembro)



O passado dia 9 de Novembro celebramos o Magosto no Ceip do Xures. Esta data é tradicional no noso País e como non podemos celebralo na data adecuada que sería o dia 11 de Novembro, dia do San Martiño de Tours organizamos para podelo desfrutar o dia 9, venres. 

Organizamos varios xogos populares. O primeiro foi o "Apaña a Mazá" que consiste em meterlle unha mordedela a unha mazá pendurada dun fio sen usar para nada as maos. Con un fio atado ao alto da travesa da porteria de futbol sala competiron todos xs nenxs segundo o seu nível sendo os gañádores a nosa aluna Tatiana, Iago e Samanta. Os pequeniños gañaron todos.










O segundo xogo foi "Leva a castaña" que consistia en levar unha castaña dentro dunha culler agarrada cos dentes dun lugar determinado onde estaban todas elas até un caldeiriño onde había que depositalas. O equipo que mais número de castañas conseguira transportar foi o que gañou.





Todxs desfrutaron do dia. Aqui nesta imaxen que podemos ver abaixo están os siareiros torcendo polos seus equipos. À vez eles agardaban antes de que lles tocase a vez para participaren.



Houbo igualmente carreiras de sacos e un xogo moi divertido que chamaremos "A pesca da mazá" que consistia en darlle un bocado a unha mazá flutuando nunha tina con auga. Algúns acabaron mollandose a cara porque cada vez que buscaban a mazá, esta optaba por fuxir dos nenos fundidose na tina.

O dia foi moi divertido e  pensamos que probaremos mais veces con estes xogos tan divertidos.