Mostrando entradas con la etiqueta Jogos populares galegos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Jogos populares galegos. Mostrar todas las entradas

20 jun 2013

Final do curso





E foi así como despedimos o curso: xogando a todos os xogos que aprendimos e nos que participamos durante o curso. Queremos continuar o ano que ven porque os xogos que xogaron os nosos pais, avós e antepasados en xeral non se deben perder.
Gracias a todos!!

14 ene 2013

Xogos populares 1ºTrimestre









Presentamos aqui o noso traballo feito durante o primeiro trimestre. Diversos xogos, diversas actividades no coléxio do Xures de Lóvios. Vamos continuar traballando cos deportes e xogos populares pois ainda temos que pendurar deste blogue mais videos nos que praticamos os nosos deportes ancestrais, os nosos xogos tradicionais e a forma que sempre tiveron os nosos pais, avós e ancestros non só nesta comarca galega, se non en todo o noso pais.

11 dic 2012

Kukudrulo


  • Dividimos a cancha e duas partes iguais separadas por unha liña mediana
  • Un alumno que  chamaremos kukudrulo, se situa na liña mediana apandando encuanto os demais se preparan nun dos lados da cancha para tentar pasar sen seren apañados.
  • Á voz de "Xa" dun árbitro, os xogadores tentarán pasar a liña dunha media cancha á outra tentando que o kukudrulo non os agarre ou os toque. 
  • O kukudrulo ou apandador non poderá apañar os xogadores que crucen a liña mediana fora desta. Terá que estar sempre acima dela sen se poder sair nen para adiante nen para atrás, só podendo correr para a sua esquerda e para a sua direita sen deixar de pisar a raia.
  • Os que sexan tocados ou agarrados irán para a liña mediana como kukudrulos tentando á sua vez apañar o maior número de xogadores que podan cando estes se pasen pola liña mediana.
  • As pasadas dos xogadores serán todas de vez  non podendo comezar unha nova pasada até que o total dos xogadores teña pasado ou teñan sido agarrados.  
  • O árbitro non poderá anunciar una nova pasaxe até o momento en que teñan pasado todos os xogadores ou teñan sido apañados.
  • Ao final, o xogador que fique por ser apañado será o que gañe e este xogará o seguinto xogo como árbitro.













9 dic 2012

Carreira de Carneiros


Xogarase con equipos de dous e con unha pelota de tenis sostida entre as frontes de cada un dos xogadores. Deberase sair dun punto de terminado ou “saída” e à voz de “xa” sair andando, correndo ou o que permita a habilidade de cada un, sostendo a pelota sen que caia para ver quen chega antes à Meta ou lugar determinado previamente polo profesor.
Se a pelota cai polo camiño deberase recoller e comezar de novo desde o mesmo ponto de saída.
  • Versión A: consiste simplemente en conseguir atravesar os primeiros unha liña de chegada.

  • Versión B: Consiste en depositar a pelota de tenis nunha papeleira, caixa de cartón ou cesta. Ao terminar de deixala dentro, o equipo correrá para apañar outra situada no ponto de saída e levala igualmente até a cesta. Nesta Versión B há de gañar o que maior número de pelotas de tenis consiga meter na cesta nun tempo determinado (5 minutos, por exemplo).








4 dic 2012

Xogo das Apalpadas











Xogo das Apalpadas

O xogo que aqui presentamos é o chamado “As Apalpadas”. Este consiste no seguinte:

  • Xogase en grupos de dous, conformandose un equipo cada par de xogadores.
  • Podem participar um mínimo de dous equipos en cada partida e un máximo a considerar polo próprio profesor, guia, árbitro ou persoa que sexa a encargada de dirixir a xogo.
  • De entre os xogadores de cada equipo, um deles debe tapar os ollos con unha fita de tea (ou calquera outro material ou prenda que lle tape os ollos e impida a visión) encanto o outro se dispón a dirixir ou guiar ao compañeiro dos ollos fechados por medio da palabra. Non poderá facelo nunca por medio do contacto físico.
  • O lugar de xogo debe ser um espazo libre de obstáculos perigosos para evitar acidentes ainda que seria aconsellábel que houbese os necesarios (sempre e cando estes non supoñan un perigo), co fin de poder ser evitados por medio da guia do compañeiro que dirixe.
  • No campo de xogo o árbitro deberá ciscar aleatoriamente un número determinado (en número impar para evitar empates) de pelotas tamaño tenis que non poderán ser visualizadas polo xogador dos ollos tapados.
  • Igualmente dentro do recinto cada equipo terá um cesto, papeleira, caixa de cartón ou queipo de vime ou vimbios onde depositar posteriormente cada unha das pelotas conseguidas.
  • O obxectivo do xogo é que o xogador que dirixe, guie ao xogador dos ollos tapados para apañar o maior número de pelotas e depositalas no cesto. Aquel equipo que consiga apañar e depositar o maior número de pelotas será o que gañe.

3 dic 2012

O salto do Poldro

Este xogo pode xogarse por equipos co fins competitivos ou pode xogarse simplesmente por pasar o tempo sen  que iso sirva de escusa para gañar ou perder.
No caso de xogar sen fins competitivos, simplesmente é disporse posicionalmente un dos xogadores como agachado, cos xoellos flexionados e o corpo debruzado até apoiar os cotovelos sobre os xoellos dobradose. A cabeza debe estar metida para adentro o máximo para evitar que o saltador tropece.
Posteriormente o outro ou outros xogadores-saltadores procederan a coller velocidade e impulso até pousaren as maos nas costas do agachado e saltalo coas pernas abertas sen tocar para nada o seu corpo. O saltador unha vez cumprido o obxectivo tomará posición de agachado uns pasos mais adiante e receberá sobre si o salto do que antes era o agachado que ele acaba de saltar.
No caso de optar pola competición, deberá haber como mínimo dous equipos  con un número mínimo de tres xogadores, situados nunha linha de saida e con unha liña de meta bem indicada. Á voz de "xa" por parte do profesor ou árbitro, procede o primeiro xogador de cada equipo a coller posición de agachado un par de metros depois da liña de saida para poder ser saltado polo segundo xogador  e depois polo terceiro. Cada saltador debe á sua vez porse en posición de agachado para ser saltado polos que o seguen e cada saltado, unha vez acaben todos sairá da sua posición para exercerr de saltador.... O salto por turnos debe producir unha rotación que imprima movimento ao equipo facendo que este se mova até chegar á liña de chegada. O primeiro equipo que termine o percurso será o que finalmente gañe.


29 nov 2012

O truque ou O truco


  1. O campo de xogo estará disposto en dez espazos rectangulares coa forma que se ve no video
  2. O xogo comeza cando a primeira xogadora proceda a lanzar unha tella o mais plana posíbel para que esta caia na caseta número 1.
  3. A tella non poderá cair na raia ou fora da caseta debida.
  4. A xogadora deberá saltar á pata coxa todas as casetas sen tocar a raia nem sairse do campo de xogo. 
  5. As casetas duplas poderán ser saltadas pousando os dous pés á vez. Un cada caseta.
  6. A caseta onde está a tella non deberá ser pisada para nada. 
  7. Unha vez chegada á caseta número 10 a xogadora poderá descansar pousando os dous pés á vez e tomando o seu tempo para continuar o percurso de volta.
  8. Na caseta número 10 a xogadora deberá dar a volta e proceder á inversa e da mesma forma até chegar á caseta onde estexa a tella que deberá apañar, agachandose mas sen deixar de estar á pata coxa. 
  9. Se o traxecto foi feito con total corrección, a xogadora lanzará a tella ao seguinte rectángulo procedendo da mesma forma e evitando pisar a caseta onde está a tella. 
  10. Cada vez que a xogadora leve a cabo perfeitamente o percurso no seguinte lanzamento deberá ir mais unha caseta até chegar ao número 10. 
  11. Cada vez que unha xogadora erre no seu lanzamento, quer porque no seu salto pise unha linha, quer porque a tella vaia fora do campo de xogo ou fora da caseta que non corresponda, quer por pousar os dous pés onde deberia pousar só un... deberá sair do turno para deixar a vez á xogadora seguinte 
  12. As xogadoras seguintes comezarán quer desde o princípio se comezan a sua vez, quer desde onde o deixaron a última vez que lhe tocou e ficaron eliminadas por ter cometido algun erro.
  13. Quen chegar primeira coa tella ao número 10, completando o percurso será a gañadora.
  14. Cada turno, contará con unha só tentativa de lanzamento da tella.




6 nov 2012

Presentación


Olá, amigos, somos o CEIP (Colexio de Ensino Infantil e Primario) do Xurés de Lóvios ou Lobios en Ourense (Galiza-España). O noso é o Concello que mais ao sur está de Galiza, pertencente á Comarca da Baixa Límia ou Terra de Querquenia que está conformada por Bande, Muiños, Lobeira, Entrimo e Nós. Temos aproximadamente uns 2300  habitantes dos cais aproximadamente un 98% ten a língua dos galegos como língua nativa. Estamos ubicados em pleno Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, autentico paraiso natural que na parte portuguesa se converte em Parque Nacional da Peneda-Geres.
A nosa situación privilexiada fai que teñamos moitos lugares de interese turístico, como os que acontinuación vos citamos:

Na parroquia de Río Caldo e Lovios
  • Ermida da nosa señora do Xurés
  • Coto da Santa Eufemia
  • Minas das sombras
  • "Vía Nova" ou Via XVIII, a autoestrada romana que comunicaba Braga con Astorga.
  • A vila romana "Aquis Originis" de cuxo nome talvez veña o nome do Geres-Xurés (Originis>Ogirinis>Ogiriis>Ogiris>Ogeres>O Geres que se deformou desde 1994 en Xurés. Antes os vellos nunca dician "Xurés", todos dician "Xiris, Xeris ou Xerés...)
  • "Fonte do Ruco" cos seus miliarios romanos en plenaVia XVIII
  • Aguas termais n'Os Baños de Rio Caldo e o balneario.
  • As pozas do río Vilameá como a d'Os Muíños do Cubo ou a d'A folgueira.
  • A Pontenova.
  • Túmulos na "Anta do Couto".
  • Restos da antiga ponte da Malleta e  dunha antiga fábrica (Ambos localizados baixo a barraxe do Lindoso, que só é posibel de ver nos meses de verao, que é cando o nivel do encoro nolo permite).
  • Igrexa de San Miguel en Lobios.
  • Ermida de San Roque en Lobios.
Na zona de San paio, Araúxo e A Cela
  • Mirador d'A Cela
  • Castelo dos Araúxo na Vila
  • Picos d'A Fontefría
  • Pobo da Cela (coa suas casas encravadas entre as rochas e onde se supon que naceu San Rosendo de CelaNova)
Na zona de Compostela, Quintela ...
  • A escusalla (antiguo mosteiro do século XIX)
  • Playa en Lantemil
  • Restos dos pobos situados baixo a barraxe do Lindoso (Aceredo , Buscalque, A Reloeira, O vao) entre outros.
  • Ruta do río Mao
 As Parroquias ou Freguesias que conforman o Concello de Lóvios ou Lóbios son:
  • San Martiño de Araúxo
  • Santa Maria da Cela
  • San Mamede de Grou
  • San Miguel de Lobios
  • San Salvador de Manín
  • Santa Maria de Rio Caldo
  • San Martiño de Grou
  • San Paio de Araúxo
  • San Salvador de Torno
O noso coléxio está situado na capital do Concello e conta con un total de 52 alumnos cuxas idades van entre os 3 anos e os 12. Todos nós pertencemos ao ensino infantil e ao ensino primario contando con alumnos en todos e en cada un dos cursos (preescolar, 1°, 2°, 3°, 4°, 5° e 6°).
Os nosos profesores e persoal do centro son:

Cociñeira: Paulina Rodriguez Fernández
Cuidadora: Antonia Rodríguez Jardón
Infantil: Maria González Salgado
1° e 2°: Bernardo Gallego Otero
3°: Consuelo Novoa Romero e Sandra Quintas Vazquez
4° e Música: Maria del Carmen López Dominguez
5° e 6°: Milagros Paz León, a nosa directora
Inglés: Patrícia López Peña
Pedagoxia Terapeutica: Maria del Carmen Fernández de la Fuente
Audición e Línguaxe: Maria Franco Soto
Relixión: Rosa Rodriguez Aguirre
Educación Física: José Manuel Barbosa
Equipo Psicopedagoxico: Roberto Seara 
Falta a profe Rosa Rodriguez Aguirre (itinerante entre vários colexios) 

O fin deste traballo expresado neste blogue é reproducirmos por escrito, con fotos e con videos todos aqueles xogos populares da nosa Comarca, da nosa región ourensana e en xeral xogos populares galegos, así como tomar contacto con outras realidades nacionais ou internacionais que nos podan enriquecer e dar a coñecer novas formas de xogar, de relacionarnos e de crecer en harmonia e en paz. Si tu contactas connosco e queres participar, só tes que contactar cos nosos responsábeis e facerte ouvir. Faremonos amigos e trocaremos experiencias.
Esperamos que gostedes.