12 mar 2013

Xogos de Chile: "El Luche"

El Luche





No chao debuxamos unha plataforma com oito categorias ou casetas. O xogador debe atirar unha tella que debe cair na primeira división marcada. Depois debe saltar nun pé até esa primeira división e sempre con un só pé, recoller a tella e saltar de regreso até o lugar de partida. Superada a primeira caseta, volvemos lanzar a tella para a segunda e novamente se vai por el, saltando nun pé e regresando ao ponto inicial. Asi sucesivamente, até chegarmos à última caseta. Debe terse cuidado de que a tella non caia nas liñas que marcan a separación das categorias e tamén está prohibido pisalas porque isso significaria retroceder un nível no xogo.

O Luche Tradicional
 
A pesar de ter sofrido alunhas modificación, o "luche clásico" é aquel que ten tres casetas numeradas do 1 ao 3 e outro coa letra D de descanso. Inclue tamén os triánguls chamados "os sinos", o "inferno" e o "ceu". Esta representación deseñada antigamente con carbon e hoxe con xiz, é a que fai alusión à espiritualidade que o freire que a inventou queria entragar ao xogo. Xa que as suas divisións simbolizan as distintas etapas da vida do home: as tres primeiras están referidas à infancia, à xuventude e à madurez conseguida polo home. O descanso representa a chegada do home à vellice e finalmente, os sinos fan referenia à morte e à salvación do home. Existen outras versons do xogo:

A Chilena:
Componse de trazos de liñas rectas no chao que incluen duas casetas de descanso e un de coroa.

A Alemana:
Os seus trazos son rectos e tamén curvos, polo que aumenta o grau de dificuldade, ainda que apresenta mais descansos.

A do Caracol:
É a mais complexa, xa que as suas casetas están organizadas em forma espiral, son curvos e non teñen nengún descanso.




11 mar 2013

Xogos de Chile: As "bolitas"


Xogando as "bolitas"




Un dos mais popularizados é a chamada a "hachita y cuarta".  Xogase asi:
O que vai comezar o xogo, tira da foca a sua "bolita" e lanzaa a "chitar" contra a do seu compañeiro. Se consegue, marca coa mao unha medida chamada a "cuarta"
(marcase co dedo gordo da mao até o meimiño extendidos) e lanza a sua "bolita" á foca. Se acerta, ao introducila, gaña.
 Tamén está o xogo d'a troya. Para xogar á "troya" debuxamos un círculo sobre a terra dentro do cal, os participantes poñen certa cuantidade de "bolitas" en número igual. Deseguida, todos lanzan as suas "bolitas" de cara o círculo gardando unha vez ordenada e procurando tirar dalí o máximo número posíbel de "bolitas" xuntas coa "bolita" que foi lanzada. Se a sua "bolita" fica dentro do círculo, significa que "afogou" e debe deixar o xogo. Todos continuan  xogando cada un na sua vez, até que non fiquem "bolitas" dentro do círculo.

La ratonera (A ratoeira):
xogase con unha caixa de zapatos furada e gaña o que consegue por mais "bolitas dentro da caixa.

As "bolitas" mais populares son as de vidro, aceiro, pedra ou arxila cocida e pintada, e cada unha ten o seu nome: as de vidro mais pequenas chamanse "olhinho de gato" (ojito de gato).


7 mar 2013

Contacto co cole de Chile

Colegio Eduardo Frei Montalva
http://www.cefreimnunoa.cl

Misión

Somos unha Unidade Educativa ao servizo da Comunidade cuxo obxectivo é que os nosos estudantes consigan acrescentar as suas habilidades e capacidades cognitivas, psicosociais e valóricas, tais como o respeito, a solidariedade e a honestidade a través dunha eficaz xestión institucional e pedagóxica.

Visión

O Colexio Presidente Frei Montalva, apresentase como unha institución educativa de alta exixencia que permite aos estudantes continuar a sua Educación Media en distintos degraus academicos.



 

A foto imediatamente superior apresentanos o exterior do Colexio Presidente Eduardo Frei Montalva con un dos patios.
Abaixo o cadro que nos reproduce o logo do colexio.

Nesta foto que segue, un dos profesores apresentado aos alunos o proxecto que nos envian desde Galiza, explicandolles aos nenos onde é que se encontra ubicada e informado aos alumnos que legalmente Galiza é unha Nacionalidade Histórica que se conforma nunha rexión autónoma dentro do Reino da España.

Os alumnos posando para a foto que envian para o noso blogue. 
Os nenos manifestaron moita curiosidade por saber cousas de Galiza, sobre a sua cultura, a sua fala emparentada estreitamente co portugués, a sua culinaria, as suas tradicións e sobre todo curiosos por saber algo de Lóvios e Ourense.


O Profesor Palomera informando da sua experiencia viaxeira por terras galaicas.  Os nenos atentos previamente a facerlle as preguntas.






6 mar 2013

O cole de Austrália presentase




Kindlehill School


Olá amigos, cumprindo cos nosos obxectivos conseguimos tomar contacto con un cole da Austrália. Un cole do lugar mais afastado do noso mundo sudeuropeu e atlántico. Eles enviaronos primeiramente unha imaxen do seu cole, chamado Kindlehill School e situado nun lugar do seu país chamado, Wentworth Falls no estado de New South Walles, ou traducido para nós: Nova Gales do Sul. Ese cole tería moito que nos ensinar pois ali aprenden cestaria, a traballar con teares, cousa que as nosas avoas deixaron de facer xa hai décadas, que nós non lle damos valor pero que ten unha utilidade inmensa, pois eles fan os seus gorros de inverno con tinxido de lás, tecidos de algodon e feltro; traballan as ortas onde aprende todo o relativo ás plantas, cociñan o seu "morning tea", unha especie de almorzo que equivaleria á nosa merenda do recreio...pero cociñado por eles! Poñeno na mesa e petiscan, conversan entre todos. Teñen unha pequena granxa con galiñas para teren ovos e para aprender dos animais... Os nenos deste cole fan os seus propios xoguetes con madeira e con diversos tecidos. Aprenden as mesmas materias de estudo que temos en Lóvios pero a forma de aprender é xogando. As táboas de multiplicar aprendenas debuxandoas nunha tea dun cadro que fan eles.
Enviannos un video onde aparecen bailando e dandolle a benvida á primavera, que para eles é xusto cando nós comezamos o outono.....  Vedes que é noite para que podan asistir os pais e toda a comunidade educativa. 

Aqui acima temos a foto do cole primeiramente ainda que nas fotos inmediatamente debaixo hai unha foto dos nenos no seu obradoiro de tecido. Aprenden a elaborar a sua propia roupa nenos e nenas...
A outra foto é un cadro feito con acuarelas onde están representadas as tábos do 8 e do 9...

Nestas fotos que temos enriba deste texto temos as aulas de deseño libre á esquerda e onde os nenos decoran o seu cole. Á esquerda os alumnos están elaborando o seu "morning tea". Eles mesmos recollen a fruta da orta do cole e preparan uns petiscos para a media maña moi saborosos, naturais e totalmente libres de pesticidas.


Os nenos ao traballaren na sua orta teñen que plantar, remexer a terra, facer pequenos viveiros con vasiños onde plantan todo aquilo que queren estudar e comer...

Na foto de arriba á esquerda temos outra foto do traballo nos teares. A vida na natureza é priorizada neste cole. En Lóvios valorizamos ainda moito a vida urbana tendo nós moito potenciar para facer estas cousas que fan estes nosos novos amigos porque somos do rural e aqui o rural sempre foi a nosa vida e a nosa forma de entender as cousas. Porque será que todos valorizan a vida natural e outros queren a vida urbana ainda que esta só nos achegue problemas de saúde e de inadecuación? A vida urbana só nos achega comodidade material, pero non nos achega auténtica cualidade de vida...


Nesta foto que nos envian nos presentan un dia de actividades coa familia. Nesta comunidade educativa, os papás teñen moito protagonismo. Os papás preocupanse dos seu nenos e nenas até o ponto de iren ás aulas con eles moitas veces. Os fillos son o mais importante de vida, incluso mais importante que o traballo e o diñeiro. Nestas reunións os papás partillan xogos cos nenos e con outros papás, relacionanse entre eles e ven o difícil que é ensinar. Os profes son valorizados e situados nun lugar de respecto no que non inclue o medo á autoridade senón un aceptar as suas formas de facer as cousas e un deixar usar unha metodoloxia que non é discutida porque son eles os profisionais que saben....como non se lles discute aos médicos as suas decisións, ou a calquer outro profisional...


A foto de arriba é a dun recreo onde os nenos xogan en espazos libres e abertos durante os momentos de descanso.


Se reparamos na paisaxe australiana, podemos ver que hai moitos eucaliptos, especie típica dese país. Se levasemos daqui para aí, o nosos toxos ou carballos probabelmente haberia un desequilibrio ecolóxico importante porque as nossas especies non encaixarian aí para nada....como non encaixan aqui os eucaliptos ocasionando aqui ese problema do que falamos.
Abaixo os nosos amigos nos dedican este vídeo de presentación no que están a bailar a danza circular de benvinda da primavera. Todos vesten de cores terrosas e verdes e entre todos saúdan a chegada do sol. Algo ancestral. O sol é un elemento de respecto....e os galegos na nosa cultura popular e ancestral temos o sol como algo fundamental.
Que facemos as nenas e os nenos de Lóvios para cultivar, traballar, respectar, practicar e coñecer os nosos costumes ancestrais relacionados co entorno e coa nosa natureza? Respectamos a nosa natureza? Porque é bon que a nosa cultura milenar teña para nós o valor debido?


 "Look to the new day sun"
Winter's night closing song and circular dancing


Kindlehill School
8 Lake Street, Wentworth Falls NSW Australia

20 feb 2013

Visita do Centro Xaquin Lourenzo da Deputación de Ourense ao Colexio do Xurés de Lóvios:


Durante o mes de Xaneiro tivemos a visita do noso vello amigo Lito do Centro de recuperación de xogos populares Xaquin Lourenzo. A sua visita foi todo un acontecimento no colexio e partillou connosco toda unha xornada de mañá na cal os nenos desfrutaron e aprenderon muitas cousas novas.
Os primeiros en entrar na nosa aula de psicomotricidade onde vamos cos pequenos e onde levamos a cabo esta nosa xornada da que estou a falar foron os alumnos do primeiro ciclo. Lito ensinounos unhas cancións tradicionais que aprendimos a bailar...e falo en primeira persoa de plural porque os profesores tamén aprendimos e tamén nos divertimos con el. Os títulos das mesmas foron: "O lambón", "Vou de roda en roda" e "Don Melitón". O proceso de aprendizado das mesmas foi especialmente divertido, cousa que salientou o noso amigo Lito coas suas dotes pedagóxicas, lúdicas e humorísticas.
Posteriormente os nenos do segundo ciclo aprenderon a fazer o que chamamos "Enredos", brinquedos que elaboramos a partir de elementos naturais como avelás (un peón con una avelá e un pauciño), osos de alguns animais (as tabas), etc.... A sesión foi do mais divertido.
Ao final o bon sabor de boca deixado por unha sesión de xogos populares e tradicionais fixo con que os nosos alumnos ficasen con fame de aprender mais cousas como estas, acrescentadas unha vez que lles contamos que era con isto con que xogaban os nosos pais, avós e antepasados en xeral, cando non habia nem televisión, nen internet, nen videoconsolas, nen wees, nen cousas parecidas.
A tradición é importante, enriquecedora e necesária para as identidades dos povos.




19 feb 2013

Xogamos co Lito (3) O Lambón.



(clicar no nome, leva à cantiga coa sua letra)










Xogamos co Lito (2) Don Melitón


En este grupo de videos gravados polos nosos profesores, vemos a secuencia de aprendizaxe que o noso amigo, o profesor Lito, aplica aos nosos nenos. A cantiga tradicional que ten por nome "Don Melitón" foi coreografiada con una estética igualmente tradicional. Os nenos responderon moi bem, de forma divertida e totalmente lúdica.  Reproducimos aqui todo o proceso e o resultado final que deu divertidísimo. 
Igualmente adiantamos  nesta entrada a cantiga tradicional tal cal é ela para que os nosos amigos leitores podan facerse una idea  completa do tema musical e podan aplicar se quixeren nas suas casas ou nas suas aulas.

(clicar no nome, leva à cantiga con letra)







 



18 feb 2013

Xogamos co Lito (1) Vai de roda en roda













Xogamos co Lito: Os enredos


O profe Lito foi un revulsivo para os rapaces. Cos seus xogos populares e cos seus enredos foi capaz de manter o interese dos nenos durante case toda unha mañá. Os nenos aprenderon unha serie de brincadeiras que antigamente se usaban no rural para pasaren o tempo. Algunhas delas foron a elaboración dun pequeno peón a partir duna avelá e un pequeno guizo de escarbar os dentes. Ese xogo interesou moito, ben porque o vian rodar no chao, ben porque el o facia rodar nun cartonciño con un pequeno camiño debuxado sobre a sua parte superior...
Outros xogos foron: A zoadeira feita con fios, as tabas, frautas feitas con xuncos...etc...
Foi unha sesión moi instrutiva, pedagogica e sempre alternativa ao omnipresente futbol que ocupa a mente e os corpos dos nenos de hoxe alienados por una televisión sempre invasiva e sempre empobrecedora. Está sendo ela o instrumento co cal se perde toda a riqueza lúdica dos nenos galegos...







14 ene 2013

Xogos populares 1ºTrimestre









Presentamos aqui o noso traballo feito durante o primeiro trimestre. Diversos xogos, diversas actividades no coléxio do Xures de Lóvios. Vamos continuar traballando cos deportes e xogos populares pois ainda temos que pendurar deste blogue mais videos nos que praticamos os nosos deportes ancestrais, os nosos xogos tradicionais e a forma que sempre tiveron os nosos pais, avós e ancestros non só nesta comarca galega, se non en todo o noso pais.